Chega a Triacastela o humor co espectáculo Aparvaolimpiadas
O Concello de Triacastela organiza o vindeiro sábado 25 de setembro as Aparvaolimpiadas. O público ao que vai dirixido a cita é aos máis pequenos nunhas olimpíadas que se levarán a cabo na casa.
O evento realizarase ás 17 horas na praza da Deputación e buscará que as nenas e nenos pasen unha xornada entretida na que prime o bo ambiente e os valores. O espectáculo de animación presentará a un amago de atleta polipatético que se verá involucrado en problemas para lograr a medalla olímpica.
Así pois, a ceremonia de apertura remata sendo un desastre e intenta conseguir o éxito nos deportes máis coñecidos, algo que non logra. A incertidume está en se vai poder alcanzar a ansiada medalla ou se vai quedar no limbo.
O espectáculo logra mezclar clown, mimo, pantomima e slapstick nunha actuación na que todo son trabas e non se sabe como finalizará todo.
Achégate no día de mañá á praza da Deputación de Triacastela para saber como remata esta historia nun espectáculo único, cheo de humor e parvadas.