Chega ao comercio sarriá a novena edición do outlet de verán

SarriaXa
Chega ao comercio sarriá a novena edición do outlet de verano, da man da Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais e Autónomos
outlet sarria portada
outlet sarria portada
19 Ago 2022

A Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais e Autónomos de Sarria (ACES), leva a cabo a  novena edición do Outlet de verano do comercio sarriá.

Durante  estes dous días, venres e sábado, os establecementos participantes ofrecerán grandes descontos co obxectivo de dar saída ao stock de anos anteriores ou ao produto excedente da tempada de verán.

Calzado, roupa, roupa infantil, regalos, complementos, fogar… unha gran variedade de produtos que poderán adquirir os clientes a un prezo ideal. As ofertas abarcarán todo tipo de produtos e servizos ofrecidos polos locais adheridos a esta iniciativa.

Esta novena edición conta coa participación de 26 establecementos, que contarán cunha zona  outlet  onde os clientes poderán beneficiarse destes produtos a prezo de saldo.

Un distintivo xigante nos escaparates identificará aos comercios participantes, que abrirán as súas portas en horario habitual. Unha actividade máis coa que se pon na rúa unha proposta para fomentar o mercado local e á que se invita a participar a todo o público asistente.

outlet sarria
0.078181982040405