Chega o piragüismo polo Neira ata o 27 de agosto
SarriaXa
Continúan os cursos de piragüismo polo río Neira nesta vindeira semana en Láncara. A actividade rematará o vindeiro 27 de agosto.
22 Ago 2021
Continúa o piragüismo polo río Neira nesta vindeira semana en Láncara. Así pois, a Asociación Cultural Val de Láncara organiza cursos de piragüismo ata o 27 de agosto. O horario é de 17 a 19 horas e dividirase en dous grupos dunha hora cada un.
A actividade é de balde para as persoas que sexan socias mentras que para as que non o sexan, terá un custo de 5 euros. Así mesmo, para máis información ou para inscribirse pódese contactar no número de teléfono 649 108 824 (Marta) ou no 686 645 830 (Álvaro).