Chega un ano máis o XVI Festival de maxia de Sarria

SarriaXa
Volve a maxia á vila de Sarria a través do XVI Festival de Maxia Vila de Sarria, que se celebrará do 19 ao 22 de agosto.
festival maxia 3
26 Jul 2021

Volve a maxia a Sarria a través do XVI Festival de Maxia Vila de Sarria. As datas nas que se realizará serán do xoves 19 ata o domingo 22 de agosto e congregará a un total de 16 magos, repartidos en catro días onde haberá un montón de eventos en diferentes puntos de Sarria.

Un festival que leva 16 anos regalando maxia e ilusión á vila de Sarria grazas aos diferentes artistas de todo o mundo que pasaron, nos que se puido disfrutar de actuacións únicas e especiais. Así mesmo, son 16 anos consecutivos despois de ser un dos poucos festivais en realizarse o ano pasado, un ano complicado no que Roberto Lolo menciona o bon facer dos espectadores que cumpliron en todo momento todas as medidas sanitarias vixentes e que responderon dunha maneira espectacular nun momento difícil.

Este ano, o festival conta con artistas de alto nivel que traerán, un ano máis, unhas xornadas máxicas dirixidas a todos os públicos. Algúns dos artistas que estarán na vila para mostrar o seu talento serán Jorge Blas, a ventrílocua Celia Muñoz -gañadora de Got Talent España-, Mario López e Miguel Muñoz -ambos campións do mundo-, Miguel Ángel Gea, Dania Díaz -finalista tamén de Got Talent-, Jaime Figueroa, Raymon, Román García, Jessica Guloomal, Samuel Moreno, Daniel Sánchez, o mago Iago, Magic Mateo e Kayto, entre outros.

As actuacións celebraranse en distintos puntos repartidos por Sarria coma a praza da vila, o Meigallo e a vila, entre outros; realizando de esta maneira espectáculos ao aire libre e en lugares pechados. Ademais, o programa conta con algún evento de maxia de cerca -un tipo de maxia de corta distancia onde o número de espectadores é reducido-, maxia para os máis pequenos e, ademais, haberá unha sesión especial do Open Magic, unha proposta de Jaime Figueroa que está triunfando en Madrid.

Así mesmo, repertiranse unhas xornadas de maxia nas que as medidas sanitarias serán similares ás do ano pasado, coas adaptacións necesarias dependendo da situación na que se encontre a vila. En algunhas das actuacións será preciso reservar a través dos números de teléfono que se poñan a disposición. No caso de outras -sobre todo as que se fagan ao aire libre-, a entrada será por orde de chegada ata completar aforos. Sen embargo, todos os eventos serán gratuítos coma todos os anos.

Dende a organizacións sinalan que a programación está suxeita a posibles cambios a causa da actual situación sanitaria. Por esta razón, recoméndase que nesos días, as persoas interesadas estean pendiente da páxina do Concello, así coma das redes sociais de Roberto Lolo polos posibles cambios que se poidan realizar. Así mesmo, recórdase que se fará unha presentación oficial aos medios por parte de Roberto Lolo e de cargos do Concello e, dende a organización, agradecen a toda a xente que colabora ou que colaborou dalgunha maneira en facer o festival.

festival maxia sarria 2
festival maxia sarria 1
festival maxia sarria

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1751492023468