Chega un magosto tradicional con homenaxe en Láncara
SarriaXa
Chega o magosto a Láncara este domingo 31 de outubro cunha serie de actos, que comezarán ás 13.30 horas no miradoiro da Pedreira.
30 Oct 2021
Este domingo 31 de outubro, Láncara acolle o magosto cunha serie de actos. Desta maneira, a Asociación Cultural Val de Láncara organiza un festexo de magosto xunto cunha homenaxe.
A xornada comezará ás 13.30 horas no miradoiro da Pedreira, cunha homenaxe ás directivas da asociación de 1992 a 2019. A continuación, realizarase un xantar e festexarase o magosto con música e ambiente festivo na antiga Escola de Láncara.
Dende a organización informan que os socios poderán participar gratis, mentres que os que non o sexan deberán de pagar 5 euros. Así mesmo, cumpriranse as medidas sanitarias correspondentes.