Chegamos ao decisivo para o CB Sarria
Por Adrián Fernández.
Rematamos o mes de marzo con moi bos resultados e chegando á parte decisiva da tempada con varios equipos loitando polo campionato.
Coma sempre comezamos o resumo coa categoría Premini, na masculina os dous equipos conseguiron manterse no grupo no que estaban pero mentres o Corbar Sarria gañaba en Ribadeo no grupo A o María T. Martínez dental non era quen de gañar en Lugo ao Rosalía de Castro; na feminina o fisioterapia Ivonne Castro rematou a liga no primeiro posto invicta e deixou o pase a final case sentenciado ao gañar na ida das semifinais ao Ensino blanco por 4-43 mentres que o Cementos Cosmos rematou 5ª con 5-7 en non xogará as eliminatorias polo campionato.
Na 1ª División de Minibásket o equipo masculino non comezou ben a segunda fase e segue sen gañar e queda cun balance de 0-4 empatado na última posición do grupo co Obradoiro mentres que o equipo feminino atópase no terceiro posto con 2 vitorias e 2 derrotas.
A partir de aquí melloran os resultados xa que o Pre-Infantil feminino alcanza a primeira praza do grupo na segunda fase despois de gañar os tres partidos que xogaron e o Infantil masculino conseguíu meterse na final da 2ª división contra Estudiantes despois de gañar ao Maristas os dous encontros das semifinais por 46-72 en Lugo e 70-60 na casa.
En cadete están na mesma situación, os dous equipos pelexaran polo título da 2ª división, o masculino xogará contra Burela despois de gañar a Estudiantes (57-54 en Sarria e 47-58 en Lugo) e o feminino despois de gañar con facilidade ao Ensino, 28-64 en Lugo e 79-58 no Chanto, xogará contra Cidade de Lugo unha final moi axustada xa que ambos equipos empataron na taboa despois de gañar cada un o seu partido na casa durante a liga regular.
En Júnior masculino rematou a liga 4º con 8 vitorias e 6 derrotas e non conseguíu meterse na fase final, agora toca xogar a Copa Premium na que está a espera de saber o seu rival mentres, na 1ª división feminina as chicas melloraron o seu rendemento e conseguiron dúas vitorias que as afastaron da última praza deixando así ao Maristas Coruña colistas.
Por último, a categoría Sénior onde o Sarria masculino pasou á segunda fase pero non comezou de todo ben xa que so conseguíu gañar un dos tres partidos que xogou o que os deixa na 3ª praza do grupo con 1-2; pola súa contra o Sarria feminino gañou os catro partidos de marzo e sube a 4ª praza a falta de dúas xornadas.