Chegan a Samos varias actuacións musicais en outubro
O Concello de Samos acolle unha serie de actuacións musicais neste mes de outubro. Desta maneira, o primeiro espectáculo que hai programado é no día de mañá, domingo 3 de outubro, no que actuará a charanga de Vilalba. Un concerto para gozar de maneira diferente e segura e que porá un ambiente festivo á vila.
O seguinte concerto programado é o vindeiro domingo 10 de outubro, onde actuará Garrafón.com e, para finalizar este conxunto de concertos, o domingo 17 chega a Samos a charanga NBA.
Unhas xornadas nas que poder gozar de música de maneira segura e cun ambiente ameno e de lecer. Así mesmo, todos os pasarrúas mencionados anteriormente realizaranse a partir das 12 horas con todas as medidas sanitarias correspondentes.
Estes concertos encóntranse dentro do programa Resoando no Camiño Francés.