Cinco concellos de Sarria beneficiaranse das axudas de contratación de axentes de emprego

SarriaXa
Cinco ayuntamientos de la comarca de Sarria se beneficiarán de las ayudas que concede la Xunta para la contratación de agentes de empleo.
11 Jan 2022

A comarca de Sarria recibirá un total de 44.400 euros para apoiar o mantemento ou contratación de axentes de emprego e desenvolvemento local en cinco concellos.

Para a concesión destas axudas e a contía que recibirá cada concello tívose en conta a media de paro rexistrado en cada municipio durante o ano 2020.

Os concellos que recibirán esta prestación son Sarria, Láncara, Triacastela, O Páramo e Samos.

En total, a Consellería de Emprego destina 430.000 euros para o mantemento ou contratación de 45 axentes de emprego e desenvolvemento local en toda a provincia de Lugo. Cada entidade contará con axuda para a contratación dun axente.

A Xunta sufraga a contratación durante un ano de cada axente, colaborando co financiamento do custe salarial total, incluíndo o pago da cotización empresarial á Seguridade Social por todos os conceptos.

0.13206481933594