Clarisaxos actúa esta tarde no paseo do Malecón de Sarria

SarriaXa
Clarisaxos actúa esta tarde no paseo do Malecón de Sarria a partir das 20.00 horas, o grupo formado no seo da escola municipal
Clarisaxos Sarria
22 Xuño 2023

O paseo do Malecón acolle esta tarde ás 20.00 horas a actuación e concerto do grupo musical Clarisaxos da Escola Municipal de Sarria.

Esta agrupación de clarinetes e saxos, por iso o nome de Clarisaxos, naceu no seo da escola de música de Sarria en 2024 da man do profesor Manuel Montero López, quen a creou para que ensaiasen os alumnos.

O grupo, integrado por 17 persoas de todas as idades, só leva un ano dando concertos, o primeiro o pasado 30 de abril de 2022 no Festival da Solidariedade Sarria con Ucraína e, despois de varios, hoxe actúan no Malecón para todas as persoas interesadas en velos.

Concerto Clarisaxos
0.16236591339111