Clarisaxos protagonizará un concerto pre San Xoán este xoves da man de Tabea Graser

SarriaXa
O grupo de alumnos e alumnas da Escola de Música de Sarria actuarán no paseo do Malecón
Clarisaxos-concerto-colexio-La-Merced
19 Xuño 2024

O grupo Clarisaxos, composto por alumnado e profesorado da Escola de Música de Sarria, protagonizará un concerto pre San Xoán como cada ano, neste caso este xoves, 20 de xuño, no paseo do Malecón a partir das 20.15 horas.

Nesta ocasión, ademais, contarase coa participación da profesora de canto alemá Tabea Graser, que participou en numerosas produccións de ópera e de música sacra, debutando en escenarios como o da Ópera Antigua de Frankfurt ou no Palacio de Schwetzingen.

O programa de cancións que se tocarán durante o concerto serán: Negra Sombra, de Xoán Montes; Quen puidera namorala, de Milladoiro; De cor esperanza, de Diego Torres; Muiñeira dos clarinetes, de Simón Couceiro; Ao compás dunha muiñeira, de Pimpinela; Licor Café, de Lamatumbá; e Galicia ten, de Manuel Montero, promotor do grupo Clarisaxos.

0.087294101715088