Clubs de toda a provincia participan na Copa Deputación de Atletismo

TerraChaXa | RibeiraSacraXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
Este sábado celébrase a primeira xornada da Copa Deputación de Atletismo, organizada pola Federación Galega en Lugo.
26 Feb 2021

Este sábado celébrase a primeira xornada da Copa Deputación de Atletismo, organizada pola Federación Galega. Preto de 200 atletas de clubs de toda Galiza participarán nas diferentes probas que se desenvolverán no estadio Gregorio Pérez Rivera de Lugo.

De 11.00 a 14.00 horas disputaranse as probas ao aire libre, 300 ml (sub 16), 800 ml (sub 18 a Máster), 1000 ml (sub 16), 3000 ml (sub 18 a Máster) e lanzamento de xavelina. De 17.00 a 20.00 horas, no módulo cuberto, celebraranse as probas de salto de lonxitude e salto de altura, 60 ml (sub 16 a Máster) e 60 metros valos.

Trátase da décimo primeira edición do campionato, co atletismo lucense nun gran momento, con atletas de distintas modalidades no máis alto dos ránkings a nivel estatal. Neste caso, a disputa da Copa supón a volta á actividade despois do parón das competicións federadas autonómicas o pasado mes de xaneiro.

A área de Deportes achega 5.000 euros á organización da Copa Deputación.

Clubs lucenses

Lucus Caixa Rural, Atlética Lucense, Franciscanos, Atletismo Friol, CCA Ría de Foz, A Gándara de Monforte, Lugo Running, Verxel Nutrición e Maderas Barcia Lourenzá son os clubs lucenses que contan con atletas inscritos na competición.

As vindeiras xornadas celebraranse os días 6 e 13 de marzo. En función da evolución da situación sanitaria, fixaranse as datas doutras dúas xornadas máis.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.12896490097046