Coa chegada do inverno, cambiaron os horarios das actividades do Mosteiro de Samos
Os horarios de visitas guiadas no Mosteiro de Samos cambiaron co comezo do inverno, así como tamén o fan as misas e os horarios do albergue para acoller peregrinos durante estas datas.
Así, os luns, mércores, xoves, venres e sábados haberá visitas guiadas ás 10.00, ás 11.00, ás 12.00 e ás 14.30 horas. O martes non haberá visitas, pero os domingos e os días festivos si, con horario de 12.45 horas e ás 14.30 horas.
Pola súa parte, a misa en inverno será os domingos e en festivos ás 12.00 horas na igrexa Abacial e os días laborables serán no oratorio da comunidade ás 19.30 horas.
Con respecto ao albergue do Mosteiro, este permanecerá pechado ata o vindeiro día 15 de marzo, cando se retomará a actividade.