Collendo ritmo no baloncesto
Por Adrián Fernández.
Nun mes de novembro no que xa están todos a xogar, os equipos van collendo ritmo antes de rematar a fase de inverno.
Xa comezaron os máis pequenos con resultados moi distintos, na categoría masculina o Oso Blanco gañou fácil os dous primeiros encontros e ponse 1º no grupo A con 2-0, o Cementos Cosmos pola súa contra, gañou un e perdeu o outro o que os deixa terceiros con 1-1 no grupo B. Na categoría feminina, unha de cal e outra de area, o Fisioterapia Ivonne Castro vai 1º con dúas vitorias mentres que o Casa Barbadelo pecha a clasificación con dúas derrotas.
Outros que tamén comezaron este mes foron os chicos da categoría minibasket, e fixérono moi ben poñéndose na primeira posición con 3 vitorias e unha derrota, iso si, cun encontro de máis; na 1ª División feminina as chicas conseguiron a primeira vitoria da tempada pero non saen da 7ª posición ao ter dous partidos xogados menos.
O preinfantil masculino pechou o mes con dúas vitorias e dúas derrotas o que os deixa terceiros con 3-2, o equipo ten que mellorar o rendemento fora da casa agora que chega a parte dura do calendario. Mentres, o infantil feminino, so perdeu con Burela despois de acadar tres vitorias o que aínda as mantén na pelexa por pasar a fase de ascenso, están segundas con 4-1 a espera de xogar a volta coas da Mariña.
Chegamos á categoría cadete, o cadete masculino rematou a 1ª fase segundo despois de perder con Ensino, o que non lles permitiu xogar o grupo polo ascenso, no grupo 2 no que quedaron van igual cunha vitoria e unha derrota, pola súa contra o cadete feminino rematou a primeira fase último con 1-5 e xogará no segundo grupo, unha boa oportunidade para coller experiencia para a fase de primavera.
Moi distinta e a situación na categoría Junior, os dous equipos están na parte alta da táboa loitando por xogar a fase de ascenso, destacar ao júnior feminino que aínda non perdeu un encontro (8-0) e están xa clasificadas para xogar dita fase, o júnior masculino vai 2º con 6-2 (3-1 en novembro) e sigue con opcións aínda que neste caso está máis difícil conseguilo.
Chegamos xa ao final deste repaso cos máis maiores, na 2ª sénior masculina os chicos subiron dous postos na clasificación despois de 2 vitorias e 2 derrotas no mes de novembro o que os deixa no 5º posto con 4-5; na 2ª sénior feminina están a conseguir idénticos resultados, cunha vitoria e dúas derrotas neste mes rematan na 4ª posición con 3-3, eso si, empatadas con outros catro equipos o que demostra a igualdade que hai na competición.
Aínda queda moito por xogar e por decidir no mes de decembro antes de que cheguen as vacacións de Nadal.