Comezan as campañas de medición da contaminación acústica e atmosférica en Sarria

O IES Xograr Afonso Gómez de Sarria deu comezo este luns ás campañas de medición da contaminación acústica e atmosférica co alumnado de primeiro e terceiro curso da ESO.
Durante a xornada, o estudiantado realizou medicións do ruído utilizando sonómetros e, ademais, instalou 30 sensores para medir o material particulado no aire, contribuíndo a un análisis máis detallado da calidade do entorno.
O proxecto, en colaboración coa Universidade de DEUSTO, a Fundación Ibercivis e Scicling, ten como obxectivo monitorizar a calidade do aire en toda a xeografía española. Os alumnos tamén colocaron un sensor dixital que proporciona datos en tempo real sobre a calidade atmosférica.
Este proxecto enmárcase dentro dunha iniciativa que involucra a outros centros escolares do estado, co fin de recoller datos sobre a contaminación ambiental e promover a concienciación e a investigación en torno á mellora do aire que respiramos.
A participación activa do alumnado de Sarria nesta campaña resalta o seu compromiso coa protección do medio ambiente e a importancia da educación na ciencia cidadá.