Comeza a 46 edición do Rally San Froilán

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa
O paso dos vehículos foi seguido por numeroso público, que deu conta da especial afección ao automobilismo na cidade e nas comarcas
46-edición-do-Rally-San-Froilán
19 Out 2024

Arranca o Rally San Froilán coa saída na Praza da Horta do Seminario, por onde desfilaron os 150 equipos que participan
na 46 edición da proba lucense. O paso dos vehículos foi seguido por numeroso público, que deu conta da especial afección ao automobilismo na cidade e nas comarcas de Lugo. Efrén Castro destacou a “alta participación de equipos lucenses,  algún deles como Pablo López, gañador do Volante Deputación, debutando na competición, que converten este rally no máis emblemático e popular do campionato galego” e animou “ás persoas afeccionadas ao motor a seguir a competición no xornada do sábado”.

Antes da cerimonia de saída, Efrén Castro tamén acompañou a Pablo López na saída do primeiro treito da proba, o de Guillar, en Outeiro de Rei. O piloto de Paradela, acompañado por Antonio Solórzano, ao mandos dun Dacia Sandero, opta a unha das copas de promoción do rallly, a nova Sandero Eco Cup Galicia, o que engade un novo aliciente á súa estrea competitiva. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo é a principal patrocinadora da proba, que continúa esta fin de semana. Os pilotos volven aos treitos de Outeiro de Rei, e correrán tamén nos do Corgo, Láncara e Goián (Sarria).

0.14672899246216