Comeza a Festa da Xuventude e da Troita de Láncara

A Pobra de San Xiao, no Concello de Láncara, será a protagonista da Festa da Xuventude e da Troita que se celebra hoxe nunha xornada festiva con propostas para todos os públicos que combinará gastronomía, lecer acuático e música.
O programa arrinca ás 17:00 horas coa festa da escuma, unha actividade gratuíta que terá lugar na praia fluvial, ideal para refrescarse e divertirse en familia ou con amigos.
Ás 20:00 horas, comezará a ruta polos bares do pobo, acompañado dunha degustación gratuíta de troita, un dos produtos máis representativos da zona.
A partir das 23:00 horas terá lugar a Gran Festa da Xuventude 2025, cun cartel musical encabezado por DJ Min, Marcos Peón, Paolo Dumore e a Disco Móbil Alto Voltaje.
Ademais, haberá inchables gratuítos na Praza dos Labradores, completando así unha oferta lúdica para todas as idades.
O evento está organizado polo Concello de Láncara, que anima á veciñanza e visitantes a participar nunha das citas festivas máis esperadas do verán na comarca.