Comeza a XIV Festa da Xuventude no Concello do Páramo

SarriaXa
A iniciativa inclúe diversas actividades para as persoas que se acheguen a desfrutar da xornada
Festa-da-Xuventude-O-Páramo
Festa-da-Xuventude-O-Páramo
6 Xul 2024

O Concello do Páramo organiza a XIV Festa da Xuventude este sábado, 6 de xullo, que incluirá diversas actividades para as persoas que se acheguen a desfrutar da xornada.

Desta maneira, haberá unha andaina popular de 11.00 a 14.00 horas guiada por Guido Guía no marco do programa ‘Descubrindo a Comarca de Lugo e as Terras da Ulloa’ e as persoas interesadas poderán participar dela sen custo, xa que é gratuíta.

Ademais desta actividade, que rematará cunha degustación de produtos locais e música tradicional, ás 21.00 horas terá lugar unha comida popular para as persoas que o desexen e actuará na festa tanto o grupo Onda Dagda como La Noria, que amenizarán a verbena nocturna.

0.091175079345703