Comeza a XXVI edición da Feira de Antigüidades e Restauración de San Lázaro de Sarria
A XXVI Feira de Antigüidades e Restauración de San Lázaro de Sarria comeza hoxe e durante tres días acollerá diferentes actividades nas rúas do Porvir e Marqués de Ugena.
Así, durante tres días, haberá exposicións e demotracións de bonsais, así como de cerámica, talla, costura creativa e bolillos en diferentes postos que estarán abertos de 11.00 a 14.30 horas e de 16.00 a 20.30 horas.
Entre as outras actividades, o sábado haberá unha interpretación do himno Oficial do Concello de Sarria e pola tarde actuará a Asociación Meigas e Trasgos.
O sábado Sarria acollerá o I Rally de Regularidade Vila de Sarria 2023 e durante a tarde presentarase o libro Breica en el Camino de Santiago de Mireia López Díaz e xa a media tarde Andhrea & The Black Cats actuará cun concerto de presentación do II Festival Sarria Blues no Camiño.
Por último, o luns 1 de maio, pechará a XXVI edición da Feira de Antigüidades e Restauración San Lázaro coa actuación da Asociación Peleriños.