Comeza en Portomarín unha campaña para protexer a peóns e ciclistas no Camiño

SarriaXa | LugoXa
Isabel Rodríguez fai un chamamento a peóns e ciclistas do Camiño de Santiago a que se fagan visibles nas estradas cando percorran a ruta
campana porteccion ciclistas peons camino santiago
3 Jun 2023

A subdelegada participou no reparto de chalecos reflectantes e folletos informativos para lembrar a quen circule en bicicleta ou a pé do uso adecuado das vías, xunto coa aplicación de factores preventivos e o respecto ás normas de tráfico.

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, fixo un chamamento en Portomarín a extremar as precaucións dos peóns e ciclistas que transitan polas estradas da provincia durante o Camiño de Santiago co fin de garantir a seguridade viaria. Isabel Rodríguez, acompañada do director da Xefatura Provincial de Tráfico, Ángel Álvarez, e axentes da Agrupación de Tráfico da Garda Civil, participou esta mañá na acción de concienciación levada a cabo polo Goberno na LU-633, ao seu paso polo municipio de Portomarín, coa que se repartiron a peregrinos chalecos reflectantes e folletos informativos para lembrar a quen circule en bicicleta ou a pé da importancia de facerse visibles en todo momento para os demais usuarios da vía.

A subdelegada salientou a importancia desta iniciativa na provincia de Lugo pola que transcorren tres rutas xacobeas declaradas Patrimonio Mundial da Humanidade: o Camiño do Norte, o Camiño Primitivo e o Camiño Francés. “Polas estradas lucenses circulan anualmente máis de 250.000 peregrinos, polo que non pararemos de traballar para o uso adecuado das vías tanto por parte dos usuarios vulnerables como do resto de condutores, xunto coa aplicación de factores preventivos e o respecto ás normas de tráfico, pois son os mellores aliados para evitar sinistros viarios e as súas consecuencias”, remarcou.

Así mesmo, Isabel Rodríguez explicou que se fai coincidir esta actuación coa véspera do Día Mundial da Bicicleta, declarado pola Organización das Nacións Unidas (ONU), para chamar a atención sobre os beneficios deste medio de transporte, simple, alcanzable, saudable e ambientalmente sostible.

Datos sobre sinistralidade

Durante 2022, contabilizáronse 17 sinistros con vítimas nos que se viron involucrados ciclistas (2 deles con feridos hospitalizados e o resto de menor consideración), así como 11 atropelos (1 mortal, 3 con feridos hospitalizados e o resto non hospitalizados).

Nos accidentes de bicicleta a causa principal foi non respectar un dos vehículos a prioridade do outro. Polo menos o ano pasado na provincia, na maioría das ocasións non foi o ciclista quen realizou a manobra incorrecta. Pero tamén chaman a atención 2 caídas debidas a atoparse o ciclista baixo os efectos do alcol, polo que hai que lembrar que tamén está prohibido e é sancionable –ademais de moi perigoso- circular en bicicleta cunha taxa superior a 0,25 mg/l de alcol en aire expirado.

No que vai de ano soamente producíronse dous sinistros de bicicleta con vítimas, que resultaron feridos leves. Con todo, en 2018, 2019 e 2021 si faleceron ciclistas nas estradas da provincia. Tamén os datos respecto a os peóns son alentadores: este ano aínda non houbo ningún atropelo mortal. E dicimos aínda porque é unha constante na provincia, desde tempos inmemoriais, que absolutamente todos os anos morran peóns atropelados. Só coa precaución e o compromiso de todos podemos cambiar esta realidade.

Consellos de seguridade

Para ciclistas:

- Cando non haxa unha vía específica para ciclistas, circular sempre pola beiravía da dereita ou, se non fose transitable e suficiente, a parte imprescindible da vía.

- Está permitido circular en paralelo, en filas de dúas na estrada, abeirándose todo o posible á dereita da vía. En cambio, en tramos sen visibilidade (como curvas) e cando formen aglomeracións, non se pode circular en paralelo e os ciclistas deberán colocarse en ringleira.

- Utilizar o caso de protección homologado. É obrigatorio excepto en subidas prolongadas, calor extrema e por razóns médicas xustificadas mediante certificado. Aínda así, sempre que se poida, é recomendable levalo.

- Utilizar elementos reflectores e luces: de noite ou con mala visibilidade é obrigatorio, pero é recomendable levalos sempre: axudarán a chamar a atención e ser percibidos antes.

- Sinalizar as manobras con tempo, non utilizar auriculares nin o móbil e non poñerse en marcha se se tomou alcol, pois os condutores de bicicleta están suxeitos ás mesmas taxas que os demais.

Para peóns:

- Na estrada, a falta de zona peonil, se existe beiravía, camiñarase por el, e se non existe, circularase pola calzada, o máis pegado posible ao bordo. Se son varias as persoas, deberán ir unha detrás doutras, en ringleira.

- Débese circular pola esquerda, para poder ver de fronte aos vehículos que se acheguen. Só se circulará pola dereita se por calquera circunstancia da vía ou do tráfico sexa máis fácil ou máis seguro.

- Utilizar o chaleco reflector: é obrigatorio de noite ou con mala visibilidade pero recomendable sempre, pois axuda aos condutores para darse conta antes da presenza do peón. É a diferenza entre ser visto a 30 metros ou a máis de 150.

Para condutores de vehículos de motor:

- Manter a distancia de polo menos 1,5 metros cando se adianta a un peón ou ciclista.

- Adecuar a velocidade ás circunstancias da vía e do tráfico, sempre @teniendo en cuenta a visibilidade da que dispoñemos, de forma que teñamos espazo para efectuar calquera manobra con seguridade.

- Manter a atención permanentemente na vía: 20 ou 30 metros son espazo máis que suficiente para levarnos por diante a un ciclista ou un peón ao que non vimos. E esa distancia pódese percorrer en menos de dous segundos.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16871094703674