Comeza o club de lectura na biblioteca Camilo Gonsar de Sarria

SarriaXa
Continúa aberto o prazo para o Club de Lectura organizado pola Biblioteca Pública Municipal de Sarria Camilo Gonsar.
biblioteca sarria camilo gonsar portada
27 Out 2021

Continúa aberto o prazo para que todas aquelas persoas que estean interesadas, se poidan inscribir no club de lectura organizado pola Biblioteca Pública Municipal de Sarria Camilo Gonsar.

Desta maneira, o prazo está aberto ata o vindeiro venres 29 de outubro. A inscrición pódese realizar de forma presencial na propia biblioteca, situada na rúa Marqués de Ugena, ou chamando ao número de teléfono 982 530 723. Así mesmo, tamén se pode contactar para máis información ou para calquera dúbida.

O club de lectura está dirixido a todos os públicos e busca fomentar a lectura e compartir experiencias entre persoas aficionadas a esta actividade.

biblioteca sarria camilo gonsar
0.099900960922241