Comeza o Festival Verbena Fest con diversas actuacións musicais durante a fin de semana
O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro participou na presentación do cartel do festival A Verbena Fest, que se celebrará en Sarria os días 4 e 5 de
agosto e que conta co apoio da área de Cultura, entre outros patrocinadores institucionais e privados.
Tamén Javier Arias participou nesta presentación xunto cos organizadores e demais entidades implicadas, onde destacou a importancia de impulsar este tipo de eventos musicais que “descentralizan a oferta cultural apostando pola calidade e pola singularidade”.
Arias felicitou á organización por “combinar talento galego e nacional” nun cartel que “atraerá a Sarria a numeroso público para desfrutar de bandas de renome”, o que suporá “un importante retorno tanto económico como a nivel de imaxe e proxección”.
Pola súa parte, o vicepresidente da Deputación de Lugo amosou o apoio da área de Cultura ao festival, que “é unha mostra máis do dinamismo e da enerxía da mocidade e do tecido asociativo de Sarria, que está a encher a vila de actividade cultural e musical”.
Así, durante o festival as bandas Second, Sexy Zebras e The Rapants encabezará o cartel dun festival no que actuarán tamén Kamikaze Helmets, Louband, Malenne Dúin, Grande Osso e Los Naipes.