Comeza o proceso de precomercialización da segunda fase de Morelle en Sarria
Mañá ás 10 horas na casa da cultura de Sarria iniciarase a precomercialización das parcelas da segunda fase do polígono empresarial de Morelle. Esta actuación foi demandada en diferentes plenos pola oposición, nos que se pedía a comercialización, venta e posta a disposición de empresas e emprendedores das parcelas industriais da mesma.
A Entidade Estatal de Solo -Sepes- empezará con esta actuación a través dunha reunión na que se chamaron a 24 empresas que estaban anotadas no Concello para evaluar a demanda que existía de este solo industrial. Ademais desas 24 empresas, poden asistir á reunión calquera firma ou empresario que estea interesado en asentarse na zona.
Gracias a esta reunión, coñecerase o prezo das parcelas, así coma o procedemento que hai que realizar para a súa adquisición. Por outra beira, hai que lembrar que a ampliación deste polígono tradúcese en 238.000 metros cadrados, divididos en 60 parcelas de tamaño grande, que son sobre 5.000 metros cadrados; parcelas medianas, sobre 2.000; parcelas pequenas, sobre 500 e parcelas nido, sobre 13.000.
Este trámite iniciouse no 2008, cando a primeira fase xa se atopaba alleada e a maioría de parcelas foran edificadas. Por iso, naquel momento, xa xurdiu a necesidade de acometer a segunda fase de actuación ante a falta de solo industrial urbanizado no municipio e a demanda existente do mesmo. Foi en marzo do 2020 cando se aprobou o proxecto de urbanización da segunda fase.
Ademais, dende o Concello solicitaron que se realicen á vez a venta de parcelas, así coma a licitación das obras de urbanización que contan cun prazo de execución de 18 meses e un custo de 8,6 millóns de euros.