Comeza o traballo no obradoiro dúal de Emprego 'Os Soutos' de Samos, Láncara e Paradela
SarriaXa
Para a alcaldesa de Samos, Chus López, contar cun obradoiro "é un luxo e un éxito para o municipio", sostivo
11 Dec 2024
Participantes do obradoiro dúal de Emprego 'Os Soutos', que deu comezo o 2 de decembro en Samos, Láncara e Paradela, xa están organizados en grupos que acometerán traballos en cada un dos municipios.
No caso de Samos, o obradoiro será para mellorar a contorna das piscinas, o acondicionamento das zonas arredor da praza Vergara Vilariño e do xardín da Horta da Botica, e adecuar a zona do campo da festa, entre outras cousas.
Tal e como explica a alcaldesa de Samos, Chus López, estes rapaces están "motivadísimos propoñendo ideas" e que "é un luxo e un éxito conseguir este obradoiro, xa que non había un desde o ano 2008".