Comeza un curso cheo de actividades deportivas no concello de Sarria

SarriaXa
Comeza un curso cheo de actividades deportivas no concello de Sarria con disciplinas como pilates, ioga, zumba e ximnasia de mantemento
centro deportivo sarria
7 Sep 2022

O centro deportivo e de saúde de Sarria, nas instalacións das piscinas climatizadas, comeza de novo este venres día 9 de setembro as actividades para este curso cunha xornada de portas abertas e moitas novidades.

Abrirá tódolos días da semana agás os festivos, cunha ampliación de horarios. Poderase acudir de luns a venres de 07.30 a 12.30 e de 17.00 a 22.00 horas, os sábados de 09.00 a 14.00 e de 16.30 a 21.00 horas e os domingos de 09.00 a 14.00 horas.

Este ano, os cursos de natación serán de 45 minutos, fronte aos 30 minutos que duraban antes, e programaranse por niveis. Manterase o grupo de natación escolar para embarazadas e comezaranse a impartir cursos de natación terapéutica.

Outras actividades que tamén dan comezo a partir deste venres son as de SECO. A partir do luns día 12 estará toda a información dispoñible para os interesados pero como adianto, volverán as disciplinas de pilates, ioga, zumba e ximnasia de mantemento (GAP e aerobic).

A inscrición para tódolos interesados abrirase a partir do mércores 14 de setembro nas instalacións das propias piscinas climatizadas.

Tódalas actividades darán comezo o día 1 de outubro e serán trimestrais pero para que os asistentes poidan saber en que consiste cada unha delas, a partir do luns 19 de setembro impartiranse algunhas delas con libre acceso.

Para ampliar calquera información, pódese acceder á páxina web www.cdssarria.es


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16114616394043