Comezan as actividades do Club de Lectura do Oribio en Triacastela
O Club de Lectura do Oribio comeza a súa actividade esta tarde e prolongarase durante todo o curso, celebrándose esta iniciativa todos os venres en horario de 15.45 a 17.00 horas.
Así, o alumnado do colexio Ceip Eduardo Cela Vila e calquera habitante do Concello de Triacastela poderá desfrutar desta actividade, que terá lugar na biblioteca Rosalía de Castro, que está no segundo andar da escola.
O libro do que se falará nesta primeira sesión será o de 'Breicar en el Camino de Santiago', da escritora e veciña Mirella López, pero non só se realizarán lecturas abertas, tamén haberá diferentes actividades artísticas e manuais, saídas interpretadas polos escenarios que aparecen no libro, visitas da propia autora, debates, producións audiovisuais e demais.