Comezan as Feiras de Primavera do Páramo, que acollerán actividades ata o domingo
O Páramo acolle, un ano máis, as súas Feiras de Primavera entre hoxe, 7 de xuño, e o o domingo 9, cumprindo a súa edición 26, na que haberá, como novidade, unha poxa de Africor de gando frisón, que se desenvolverá o día 8 de xuño despois da que se celebrou en Sarria durante a Feira de San Isidro.
Os organizadores, a Asociación de Amigos do Campo da Feira, teñen todo preparado para a celebración das Feiras, que contan co apoio do Concello do Páramo, e que se desenvolverán no campo da feira.
O pregón darao a nova conselleira de Medio Rural, María José Gómez, hoxe ás 14.00 horas e o protagonismo das feiras será para as reses, xa que o ano pasado participaron uns 140 animais e este ano cóntase cunha cifra similar, e tamén estará presente o sector cabalar, xa que haberá unha exhibición de doma de cabalos o día 9 de xuño.
Ademais, haberá exposición de maquinaria agrícola, artesanía, roupa, alimentación e pulperías, e actuacións musicais de grupos folclóricos e tamén das orquestras Compostela e Suavecito e o grupo Fusión Latina.