Comezan as festas do San Benito de Samos con diversas actividades
Comezan as festas do San Benito do Concello de Samos, que acollerá diversas actividades durante o día de hoxe, 13 de xullo, e o de mañá, domingo 14 de xullo.
Desta maneira, todo comezará esta tarde-noite ás 21.30 horas cunha churrascada e pancetada amenizada polo Trío Café Olé a partir das 22.00 horas, Ruth Cundins ás 00.00 horas e a Charanga Louband ás 01.30 horas.
Pola súa parte, o domingo terá lugar un pasarrúas ás 11.30 horas da man da Banda de Música da Comarca de Sarria, que tamén dará un concerto na praza do Concello ás 13.30 horas. Así, ás 14.00 comezará a sesión vermú coa orquestra Salsarena.
Xa pola tarde contarase co servizo da Furgoteca de 16.00 a 20.00 horas e dende as 18.00 horas poderán gozar da obra ‘De Vilatriste a Vilalegre’ do Centro Dramático Galego. E a partir das 20.30 horas os asistentes poderán gozar do pase de tarde con Salsarena e, ás 23.00 horas, será a quenda da verbena, amenizada por Salsarena e Dúo Caché.