Comezan as Xornadas Micolóxicas da Asociación Micolóxica A Muiñeira en Sarria
A Asociación Micolóxica A Muiñeira de Sarria organiza unhas xornadas micolóxicas no municipio desde hoxe, 17 de novembro e os días 19, 20 e 21 para promover o coñecemento deste sector entre os habitantes.
Así, comezarán ás xornadas o venres 17 ás 20.00 horas na Casa da Cultura de Sarria, onde haberá unha conferencia de introducción á micoloxía a cargo de José Folgueiras López.
Xa o 18 de novembro terá lugar unha identificación e recollida de cogomelos en carballeiras e soutos a partir das 09.30 horas da mañá, dirixida por Miguel Raposo Díaz.
Pola súa parte, o día 19 terá lugar unha nova sesión de identificación e recollida de cogomelos en piñeirais a partir das 09.30 horas da man de José Folgueiras López e cunha comida no restaurante Ateneo, no Oural.
Por último, os días 20 e 21 de novembro haberá unha exposición aberta ao público na Casa da Cultura sobre os motivos recollidos durante as xornadas polas persoas participantes que se poderá visitar de maneira gratuíta.