Comezan en A Balsa,Triacastela, as obras no Camiño de Santiago
SarriaXa
O Ministerio de Transportes, Movilidade e Axenda Urbana empezou coas labores de rehabilitacón de A Blasa, en Triacastela.
20 Jun 2022
O Ministerio de Transportes, Movilidade e Axenda Urbana empezou coas labores de rehabilitacón de A Blasa, en Triacastela.
O plan baséase en optimizar a contorna da capela de San Antonio; para iso, efectuarase un drenaxe perimetral coa intención de recoller as augas, favorecendo así que non danen os seus muros. Ademais, tamén se reporá e pintará o enfoscado exterior da ermida e a edificación dunha praza pequena.
A Balsa contará así con novos servizos coma outros puntos de luz amais da melloras no pavimento, entre outras moitas máis melloras. Estas obras deberán ser realizadas nun prazo de dez meses, polo que se estima que estarán acabadas entre finais do 2022 e comezos do 2023.
Os traballos conlevan unha contía económica de 603.723 euros.