Comezan os seráns de música en Láncara
Láncara comeza coa preparación do seu verán cultural. Desta maneira, La Penúltima Sabinera será a encargada de dar inicio aos seráns de música, nas que primará o ocio e o ambiente lúdico e festivo.
O concerto celebrarase na área recreativa Manuel Fernández Arrojo onde un dos mellores tributos a Joaquín Sabina animará o vindeiro sábado. A actuación será ás 21.30 horas e as entradas xa están dispoñibles -ata completar aforo-, gardando todas as medidas de seguridade.
O concerto está organizado pola Asociación Cultural Val de Láncara, polo que os socios terán entrada gratis mentras que para os que non o sexan, terá un custo de 5 euros. Un concerto co que iniciar as actividades do vindeiro mes de agosto no que se realizarán diferentes eventos e espectáculos para un verán lúdico e de lecer.