Comezaron os traballos de mellora do pavimento do vial circular do Polígono do Morelle, en Sarria
SarriaXa
Claudio Garrido, alcalde de Sarria, denuncia que a Xunta "retrasa a execución de tres obras importantes" para o rural
14 Sep 2023
O Concello de Sarria comezou os traballos de mellora do pavimento do vial circular do Polígono do Morelle, que suporán un investimento de 121.000 euros e que serán sufragados cunha subvención concedida pola Xunta de Galicia.
A actuación, que inclúe a renovación do pavimento e o pintado da sinalización horizontal, foi adxudicada á empresa Probisa e a previsión do goberno local é que estea completamente rematada a finais da vindeira semana.