Comezan os traballos para mellorar o parque infantil do Chanto de Sarria

SarriaXa
Os traballos, que terán un prazo de execución de 15 días, consistirán na colocación dun pavimento de caucho de absorción de impactos e novos xogos máis inclusivos
Obras-no-Chanto-Sarria
4 sep 2024

O Concello de Sarria está xa a acometer as obras polas cales se mellorará o parque infantil do Chanto, uns traballos moi demandados polos veciños e veciñas e que terán unha duración de 15 días.

Desta maneira, a través da Concellería de de Medio Ambiente, que encabeza Borja García, destínanse 35.000 euros para a remodelación nun espazo de 105 metros cadrados, que proceden no 80 % dunha subvención da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia e o 20 % do presuposto procede da entidade local.

Con esta actuación, quérese promover un lugar accesible para todos os nenos e nenas a través da colocación dun pavimento de caucho de absorción de impactos, á vez que se potencia a inclusividade a través de novos xogos: un carrusel inclusivo, un balancín, un resorte, un bambán e un areeiro.

Desta maneira, reformarase unha quinta parte do Chanto, aínda que a intención futura é reformar de forma integral o parque do Chanto, un proxecto que ten de custo uns 450.000 euros.

Desde a Plataforma Diversa Infantil de Sarria poñen en valor esta actuación e animan ao Goberno local a que se sigan tendo en conta ás familias da vila para seguir promovendo espazos públicos “cheos de participación e cada vez máis inclusivos”.

0.18241095542908