Compran dúas leiras para ampliar as piscinas exteriores e o campo de rugby de Sarria
SarriaXa
Desta maneira, o obxectivo co espazo da parcela grande é aumentar o espazo das piscinas e tamén instalar uns tobogáns e xogos acuáticos
4 Dec 2024
O Concello de Sarria aprobou a compra de dúas leiras por un valor de 130.000 euros no Chanto para a ampliación das piscinas municipais exteriores.
O vindeiro 9 de decembro formalizarase a operación e así operarios do Concello de Sarria poderán limpar as parcelas, unha de 4.448 metros cadrados, e outra de 786 metros cadrados.
Desta maneira, o obxectivo co espazo da parcela grande é aumentar o espazo das piscinas e tamén instalar uns tobogáns e xogos acuáticos para o desfrute da veciñanza durante os meses do verán e así converter esta zona nun lugar para o ocio familiar.
Pola súa parte, tamén se ampliará o campo de rugby co espazo que se gaña coa adquisición da parcela máis pequena, que está ao outro lado do río Sarria.