Conafe elixe unha explotación de gando vacún sarriá como mellor gandería criadora de raza frisoa

SarriaXa
Conafe elixe unha explotación de gando vacún sarriá como mellor gandería criadora de raza frisoa deste ano 2023
Baixo Holstein Sarria
16 Mar 2023

Baixo Holstein, unha explotación de gando vacún foi recoñecida como a mellor gandería criadora de raza frisoa de España.

Trátase de Baixo Holstein, unha empresa familiar que se transmitiu de xeración en xeración, pero agora mesmo é rexentada por un matrimonio, formado por Antonio Rodríguez e Gloria García, e o seu fillo, Yago Rodrígueze.

A Confederación de Asociacións de Raza Frisoa (CONAFE) recolleu un listado das mellores explotacións desta raza de vaca e esta empresa sarriá acadou o primeiro posto.

Así, Baixo Holstein é por terceira vez a escollida como a mellor e na actualidade contan con 230 animais, dos que 127 son reprodutores.

Antonio defende que "desde un inicio consideramos que a morfoloxía das vacas é un aspecto fundamental no rendemento da explotación, xa que as vacas con mellor morfoloxía van ter unha maior aptitude para a produción de leite e unha maior lonxevidade".

Por isto, argumentan, "obtiveron o título de Mestre Criador en 2005, a primeira vez que CONAFE outorgou este distintivo, un recoñecemento que se outorga en función dos animais recriados na explotación".

0.11972117424011