Concellos da provincia reciben unha axuda para erradicar fugas de auga

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
14 concellos da provincia de Lugo  recibirán, a través de Augas de Galicia, unha axuda para identificar e erradicar as fugas de auga.
auga tubaxe
31 Oct 2022

14 concellos da provincia de Lugo  recibirán, a través de Augas de Galicia, unha axuda para identificar e erradicar as fugas de auga nas redes municipais de abastecemento.

Este financiamento vai destinado a realizar auditorías municipais de abastecemento orientadas á elaboración de plans de actuacións para minimizar as perdas de auga.

En canto á distribución das achegas, benefician a catro concellos da Mariña -Alfoz, Barreiros, Ourol e A Pontenova -; catro da Zona Sur -Bóveda, Sober, O Saviñao e Pantón -; e aos municipios de Begonte, A Pastoriza, Becerreá, O Páramo, Outeiro de Rei e Antas de Ulla.

Este é o primeiro ano no que se convoca esta liña de axudas, dirixida ás entidades locais responsables de sistemas de abastecemento -de competencia municipal- que teñan unha poboación igual ou inferior a 50.000 habitantes.

Son subvencionables os gastos destinados polos concellos desde o 1 de xaneiro de 2022 á elaboración de auditorías municipais dos seus sistemas de abastecemento en alta e de subministración en baixa para minimizar as perdas de auga.

O importe dos incentivos é do 80% do investimento subvencionable, cun límite máximo por solicitude segundo a poboación do municipio. Con esta medida insístese no labor de optimización do funcionamento dos seus sistemas de abastecemento, mediante un maior control dos caudais que circulan polas redes municipais, co fin de diagnosticar e atallar unha das problemáticas que pode agravar un eventual episodio de seca en Galicia, como son as fugas de auga nas redes de abastecemento.

0.14196801185608