Coñece os números gañadores da campaña 'Mercar en Láncara, terá premio'
Mercar en Láncara, terá premio é unha campaña que organizou o Concello de Láncara para apoiar, promover, dinamizar e activar o pequeno e mediano comercio local incentivando as compras nos negocios da poboación durante o período de Nadal.
Nesta campaña podía participar calquera establecemento comercial con domicilio social en Láncara que mostrara o seu desexo de colaborar inscribíndose previamente no concello. Do mesmo xeito podía participar toda persoa que adquirira, mediante a compra e baixo as condicións indicadas nas bases da campaña en calquera establecemento adheridos a esta campaña.
Mecánica do sorteo
Os comercios adheridos entregaron aos seus clientes unha papeleta por cada compra no establecemento, esta permitía a participación no sorteo. A entrega de papeletas realizouse ata o día 9 de xaneiro de 2022.
Os establecementos devolveron ao concello as matrices dos talonarios para comprobar as papeletas entregadas na campaña.
O sorteo tivo lugar no día de onte, 27 de xaneiro no Salón de Plenos do concello e, a partires de hoxe, 28 de xaneiro e ata o 15 de febreiro, deberán acudir as persoas premiadas coa papeleta para recoller o vale.
O vale poderá canxearse ata o 15 de marzo nos establecementos adheridos á campaña.
Premios
O premio de 500 euros para gastar en dous establecementos adheridos, 250 euros en cada un foi para a papeleta número 1714. Os dous premio de 100 euros para gastar nun mesmo establecemento foron para as papeletas 269 e 345. Os seis premios de 50 euros para gastar nun mesmo establecemento foron para as rifas número 1033, 223, 271, 369, 347 e 273.