Confirmados os horarios do Esmorga Fest para os días 17 e 18 de outubro en Sarria

O Esmorga Fest xa ten pechados os horarios e distribución das actuacións para a súa décima edición, que se celebrará en Sarria os días 17 e 18 de outubro. Durante dúas xornadas consecutivas, a vila volverá vibrar cun cartel cargado de bandas que mesturan referentes da escena alternativa estatal con artistas internacionais.
O venres 17 de outubro, no Escenario #Vicedepu (Sala Litmar), abrirán a noite bandas como Anabel Lee, Battosai e Ezezez, seguidas de nomes destacados como Joe Crepúsculo, Mujeres e Viva Belgrado, para rematar coa sesión de Pálida.
O sábado 18 de outubro a música espallaráse entre dous espazos. No Escenario Xacobeo (A Unión) será a quenda de Axiom Band, Beach Avenue, Las Prisas, Sara Zozaya e Cholas. Pola súa parte, o Escenario #Vicedepu (Sala Litmar) acollerá as actuacións de Bum Motion Club, La Habitación Roja, Las Dianas, Oh Hiroshima, Parquesvr e Javier LG.
As entradas teñen un prezo de 30 euros por día e están dispoñibles para todos aqueles que queiran celebrar o X aniversario do festival, convertido xa nunha cita de referencia no calendario musical galego.