Contacontos e xogos infantís, o Venres Santo en Láncara

SarriaXa
A asociación cultural Val de Láncara organiza esta actividade, dirixida a nenos e nenas de 3 a 12 anos. Para participar na sesión é preciso inscribirse.
val de láncara cartel contacontos
22 Mar 2021

A asociación cultural Val de Láncara, en colaboración co Concello de Láncara, organiza unha sesión de contacontos e xogos infantís para o venres de Semana Santa.

A actividade, dirixida a nenos e nenas de 3 a 12 anos, levarase a cabo o venres día 2 de abril, a partires das 17.00 horas.

Para participar na sesión é preciso inscribirse previamente, o que pode facerse chamando ao teléfono 691 17 56 50.

Desde Val de Láncara adiantan que, en caso de que a situación sanitaria do momento o requira, a actividade podería pasar a desenvolverse de xeito telemático.

0.17684602737427