Continúa a actividade cultural no Incio

SarriaXa
Continúan as actuacións culturais no Concello do Incio, desta vez, chega un espectáculo que combina cancións, animacións e interpretacións.
espectaculo titeres cousas da casa
20 Ago 2021

Continúan as actuacións culturais deste verán no Concello do Incio, desta vez, chega un espectáculo que combina cancións, animacións e interpretacións cos ritmos e rexistros máis divertidos. A obra, protagonizada por Paco Nogueiras, leva por título Brinca Vai! De aquí a acolá.

O músico e actor Paco Nogueiras vai nos seus espectáculos cos seus instrumentos e a súa querida “Máquina” nunha divertidísima viaxe chea de humor, baile e cancións. As alegrías, as amizades, os libros, a poesía, a ecoloxía, as festas do ano (o magosto, o samain, o entroido, o nadal) e o respecto á nosa lingua son parte do repertorio.

A actuación levarase a cabo mañá sábado 21 de agosto, ás 19.30 horas no local de usos múltiples da Cruz do Incio -antiga nave gandeira-.

paco nogueiras
0.16375088691711