Continúa a campaña fotográfica da pataca en Triacastela

SarriaXa
O Concello de Triacastela segue a motivar aos seus veciños a publicar unha fotografía das súas patacas ca etiqueta #PatacasdeTriacastela.
pataca triacastela
16 Nov 2021

O Concello de Triacastela segue a motivar aos seus veciños a compartir nas súas redes sociais imaxes das súas patacas co fin de reivindicar o seu produto e o seu estupendo sabor.

Pódense publicar fotografías da recolleita de patacas, da súa plantación, de receitas, etc.

Para compartir a fotografía tan só tes que usar a etiqueta #PatacasdeTriacastela.

Os vecinos de máis idade recordan que a mediados do século pasado lucenses de toda a comarca acudían ata Triacastela para adquirir as patacas que posteriormente plantarían nos seus terreos, xa que estas eran un acerto seguro de boa plantación e boa recolleita ao final da época. Actualmente este tubérculo é un dos máis cultivados da zona malia que tan só en hortas particulares.

pataca triacastela
0.17880415916443