Continúa a fase de precomercialización de parcelas na segunda fase de Morelle en Sarria

SarriaXa
Continúa la fase de precomercialización de parcelas en la segunda fase del Polígono de O Morelle en Sarria.
segunda fase poligono morelle sarria
6 Jan 2022

Nove empresarios están interesados nalgunhas das parcelas da segunda fase do polígono do Morelle. En total, foron solicitadas once parcelas, xa que dúas das empresas pretenden adquirir máis dunha. Ademais, existe interese por parte de empresarios alleos a Sarria. O alcalde, Claudio Garrido afirmou que a parcela nido de 13.000 metros cadrados tamén está a chamar a atención de diferentes empresas.

A segunda fase de O Morelle suporía a creación de 140.125 metros cadrados de solo industrial. Ao final, o proxecto estaría composto por 37 parcelas e o prezo aproximado por metro cadrado sería de 70 euros. Esta cifra non é definitiva, xa que habería que esperar a que saia a convocatoria pública e, ademais, dependendo do tamaño da parcela o prezo por metro cadrado será menor ou maior. No caso das parcelas pequenas, o prezo aumentará e no caso das parcelas máis grandes, o prezo diminuirá.

Sen embargo, para que isto ocorra, os empresarios deberán reservar 70.000 metros cadrados, ou o que é o mesmo, o 50% do terreo dispoñible -o total da superficie son 140.000 metros-. Así mesmo, aquelas persoas que reserven parcela, deberán entregar o 25% do importe.

O prazo inicial para realizar a precomercialización era ata o pasado 30 de novembro. Porén, esta data era aproximada e, por iso, os interesados aínda poden facer a súa reserva tanto no Concello como na entidade do solo.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16492414474487