Continúa a preocupación pola varanda afectada no Campo do Río de Sarria

SarriaXa
O Concello de Sarria informou que aínda non hai prazos para as obras de renovación do saneamento e a estación depuradora de augas residuais.
sarria tala árboles
1 Out 2021

O Concello de Sarria informou no Pleno realizado no día de onte que aínda non hai prazos para as obras de renovación do saneamento e a estación depuradora de augas residuais -Edar- que levará a cabo a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS).

Esta cuestión abordouse debido a que continúa a preocupación pola varanda de madeira que se viu afectada no Campo do Río de Sarria e que presenta danos a causa de actos vandálicos e do paso do tempo. Así pois, hai que mencionar que unha parte da varanda tirouse ao río e aínda que en algúns puntos se instalaron cintas de protección para alertar aos viandantes, noutras aínda non existen.

O concelleiro de medio ambiente, Pedro López Quiroga, informa que aínda non se pode realizar ningunha actuación nas varandas mentres non se teñen decidido as zonas que van afectar as obras da Edar polo que, haberá que esperar para solucionar esta cuestión. No caso de que estas obras non afecten ás varandas, o Concello deberá repoñelas no menor prazo de tempo posible debido a súa perigosidade.

Ademais, o concelleiro engadiu que “si que deberemos poñer unhas vallas polo menos, para delimitar e evitar que a xente se vaia ao río, sobre todo, agora que poden comezar os problemas das riadas”.

0.18586087226868