Continúa aberto o prazo para solicitar o uso das instalacións deportivas de Sarria
A Concellería de deportes de Sarria ten aberto o prazo para a solicitude do uso das instalacións deportivas municipais para clubs durante a tempada 2021-2022.
Algunha da documentación que debe achegarse xunto á solicitude para a súa tramitación son: as preferencias dos horarios para os adestramentos, o número de deportistas participando nas competicións, o número de licenzas federativas en deporte feminino (na tempada anterior), o número de licenzas federativas de menores de idade, deporte de base (na tempada anterior), o número de socios/as, o número de categorías deportivas (proxección deportiva e continuidade), a antigüidade do club deportivo, entre outras. Pódense consultar na páxina web do Concello de Sarria.
En canto á solicitude, pódese presentar de maneira presencial nas Oficinas do Rexistro Municipal, en horario de atención ao público, presentando o impreso de solicitude ou de maneira telemática a través da Sede electrónica do Concello de Sarria www.sede.sarria.es
O prazo para realizar dito trámite é ata o día 31 de agosto de 2021 incluído.