Continúan as actividades programadas para a Noite Meiga de Sarria
A Noite Meiga, organizada pola Asociación Cultural Meigas e Trasgos, acolleu diferentes actividades durante o venres e o sábado e que continúan durante a xornada de hoxe, domingo 1 de setembro.
Desta maneira, centos de persoas desfrutaron do concerto de Baiuca o 30 de agosto a partir das 23.00 horas, que veu precedido pola andaina popular desde a saída do cruce de catro camiños.
Pola súa parte, durante o sábado, 31 de agosto, o actor e produtor de cine galego, Rubén Riós, presentou os actos festivos da Noite Meiga a partir das 20.30 horas, aínda que antes, ás 20.00 horas, tivo lugar o pregón a cargo de Victoria Pérez Penela seguido da actuación da Banda de Música da Comarca de Sarria e os Clarisaxos.
Despois, cheou o momento da Asociación Meigas e Trasgos ás 21.00 horas e ás 22.00 horas foi a cea popular ata ás 01.00 horas da madrugada, cando se desenvolveu a danza da Noite Meiga, pechando a noite coa actuación de Broken Peach.
Durante o día de hoxe, haberá un obradoiro infantil ás 16.30 horas e, finalmente, terá lugar o concerto infantil Xavier Blanco ás 19.00 horas.