Continúan as confirmacións do Esmorga Fest de Sarria
Á primeira confirmación de artistas do Esmorga Fest na que se atopaban os grupos El Columpio Asesino, Apartamentos Acapulco e Vulk, súmanse Shego, La Élite, Cala Vento, Marta Knight, Dharmacide, Boneflower, Pinpilinpussies e Le Temps du Loup.
Shego é unha agrupación formada por Maite, Raquel, Irene, e Aroa. A banda nace en Madrid como un proxecto de amigas ensaiando no salón ata que toma a forza necesaria para converterse nunha banda que pasan desde o punk e o pop, ata sons máis electrónicos. Mocidade, frescura, letras afiladísimas e toneladas de talento enriba do escenario do Esmorga Fest.
La Élite é un dúo de synth-punk de Lérida composto por Nil Roig e David Burgués, dous amigos aos que lles une o seu gusto polo punk e a new wave dos 70 e 80. As súas letras falan de escenarios con “moita policía e pouca diversión”, de amores fracasados, de bailar en garitos de mala morte.
Pola súa parte, Cala Vento Cala é unha agrupación formada por Joan y Aleix dous amigos de L’Empordà que se xuntaron en 2015. Esta formación de dúo de guitarra, batería e voz, que algunhas veces pode soar como unha rabiosa banda de cinco membros e outras, como un intimista cantautor a pé de rúa, forma parte do cartel.
Marta Knight é unha artista que a pesar da súa mocidade, percorreu un bo número de escenarios cativando a crítica e público e aos seus 21 anos xa se está forxando un nome na escena independente. O seu inspirador indie rock e folk e todo o demais e a súa habilidade para compoñer melodías extraordinarias encandilarán ao público o vindeiro 1 e 2 de abril en Sarria.
Dende Madrid a Sarria chega Dharmacide e Boneflower, dúas bandas que deixará namorada aos festivaleiros no mes de abril.
Raquel e Ane conformaron o grupo Pinpilinpussies, despois de que as súas mentes conectaran pola paixón compartida cara a música. O grupo comezou case de maneira paralela as súas clases de batería marcándose un obxectivo, dar al menos un concerto ao mes. No mes de abril estarán no Esmorga Fest.
Le Temps Du Loup é un grupo madrileño integrado por Hannibal na guitarra. Nacho no baixo e Álvaro na batería. A súa música navega polas augas do "post metal".
ESMORGA FEST
O festival celebrarase en Sarria os días 1 e 2 de abril. No ano 2020 a cita cancelouse tan só un día antes da súa celebración e, o ano pasado, tivo lugar o 24 de xullo sendo un evento totalmente gratuíto. Nesta cita os veciños puideron desfrutar das actuacións de Niña Coyote eta Chico Tornado, Holywater, Depresión Sonora e Monteperdido.
Un aniversario fora de control foi o inicio do Esmorga Fest. Tras varios anos celebrándoo programando concertos de bandas como Holywater, Disco As Palmeiras, Maryland, Unicornibot… e as inquedanzas dos organizadores fai que den o salto e decidan crear o festival que coñecemos hoxe en día.