Continúan os descubrimentos arqueolóxicos na cova de Eirós en Triacastela

SarriaXa
Continúa a escavación arqueolóxica na cova de Eirós e na cova das Cabras, situadas na parroquia de Cancelo, no Concello de Triacastela.
covas eiros triacastela
21 Ago 2021

Continúa a escavación arqueolóxica na cova de Eirós situada en Triacastela. Así pois, o pasado venres 6 de agosto un grupo de investigadores da Universidade de Santiago de Compostela chegou a Triacastela para realizar traballos arqueolóxicos. Sen embargo, desta vez, ademais de realizar a escavación na cova de Eirós, ampliaron a súa actuación á cova das Cabras, que se atopa nas proximidades de Eirós.

O grupo de investigadores está a traballar durante tres semanas para saber o uso que puido ter dita cova e co fin de atopar máis elementos novidosos. Actualmente, xa se atoparon restos de micromamíferos que se están recuperando durante o triado de sedimento. Estes ósos de pequenos vertebrados aportan moita información á hora de reconstruír o paleoambiente.

A situación sanitaria fai que os investigadores traballen en grupos e estean divididos entre as actuacións da cova de Eirós e o primeiro contacto coa cova das Cabras, algo máis pequena de dimensións ca a mencionada anteriormente.

A cova de Eirós é unha cavidade subterránea atopada na parroquia de Cancelo, no Concello de Triacastela. Trátase dunha cova prehistórica na que se localizaron as primeiras e únicas pinturas rupestres de Galicia, sendo comparada por iso, coas míticas covas de Altamira. A cova, recoñecida no 2019 coma Ben de Interese Cultural (BIC) e nomeada xacemento arqueolóxico.

Así mesmo, en escavacións anteriores, á cova de Eirós atopáronselle pinturas rupestres con motivos zoomorfos, así coma máis de 4.000 pezas do paleolítico que poden contar cunha antigüidade de entre 35.000 e 85.000 anos. Así mesmo, conta con 22 metros de largo aproximadamente, que rematan nunha gran sala onde se atopan os paneis de arte rupestre documentados xunto con gravados nos que existe un amplo repertorio de liñas nas que destacan representacións figurativas e segmentos de animais, signos e paneis de liñas superpostas.

restos cova eiros triacastela
0.14896202087402