'Contos' de Xabier Vizcaíno estrearase hoxe no Incio
Xabier Vizcaíno presenta hoxe ás nove da noite outra peza co seu video. Leva por nome “contos” e foi filmado en Vilasouto. “Contos” este videoclip complementa o proxecto Contos cantados, no que se combinaban os concertos de Xabier Vizcaíno cos relatos narrados por Patricia Seoane.
Tralo éxito de Neno de monte, un libro-disco no que os relatos se mesturan coa música e que serve de homenaxe aos seus avós e ao medio rural. O músico lucense quere poñer en valor a música en galego, as tradicións rurais, os relatos doutros escritores e o seu talento.
A música de Xabier Vizcaíno é unha das formas de divulgar a lingua galega, os costumes, tradicións, a vida no rural, os antepasados e o valor de Galicia.
Esta iniciativa enmárcase ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.
Vilasouto
Vilasouto é unha das parroquias que conforman o municipio do Incio a 50 km da capital de provincia.