Conversa co traballador social de Alucem

RibeiraSacraXa | SarriaXa | LugoXa
Unha serie de artigos, breves e sen pretensións que expoñen o punto de vista de Fernanda Arrojo para recomendar as visitas a Lugo
Fernanda 300x300
4 Aug 2022

Por Fernanda Arrojo

Alejandro Rodríguez Robledillo, nacido en Xixón, residente en Lugo dende 2005. Escritor e editor, a súa formación específica é a de traballador social experto en menores, pero actualmente exerce na asociación lucense de Esclerose Múltiple, Alucem, e desde fai pouco, ocupa o cargo de Representante en Galicia da Asociación de Directores e Xerentes de Servizos Sociais.

Segundo o índice DEC 2021 da asociación de Directores e Xerentes, na actualidade existe un maior investimento no eido social, aínda que non se reflicte no benestar das persoas. Ademáis, hai unha tendencia á privatización dos servizos sociais, nos que prima a xestión económica. Neste contexto, cal debería ser na túa opinión, o papel dos traballadores sociais: meros xestores de recursos ou exercer a profesión buscando, sobre todo, o benestar dos usuarios.

Creo que hai un Traballo Social moi administrativo, moi burocratizado e penso que debería ser así para garantir que cheguen os recursos, para xestionalos de maneira axeitada. E ao seu carón, hai outro menos burocratizado, por exemplo o que se exerce no Terceiro Sector.

Así é o teu traballo social en Alucem?

Exacto. Tratase dunha entidade menos burocratizada.  O nivel de mando é máis básico que nunha administración pública, hai unha directiva e nós somos os técnicos e, á hora de poñer en marcha proxectos, o mecanismo é moito máis áxil e, mesmo, moi reconfortante.

Pero de acordo cun informe do Colexio Oficial de Galicia, os traballadores sociais das entidades sen ánimo de lucro, estamos moi contentos coa nosa actividade laboral, satisfeitos co noso exercicio profesional, e pola contra, moi descontentos coas nosas condicións salariais xa que á maioría nin sequera cobramos o SMI. Todo ten as súas vantaxes e desvantaxes.

Consideras, coma min, que os traballadores dunha entidade debería ofrecer un plus?  É dicir, non limitarte a cumplir o teu labor nun horario de oito a tres, senón que quizáis teñas que asistir a unha actividade un sábado ou festivo.

Si, e desfrutade coma se dunha familia se tratara, diferente á nosa, e que esta actividade formara parte do noso lecer.  A percepción desa carga de traballo é moi diferente. Hai que equiparar ás condicións laborais destes profesionais ás dos que traballan na Administración.

No pasado, moitas das actividades destás entidades puideron facerse porque había voluntarios.  Actualmente, non hai persoas voluntarias que lleven a cabo unha acción constante e que perdure no tempo.

Se a isto lle sumamos unha escasez en xeral de persoal, o funcionamiento das mesmas  non será moi doado.

Moitas veces escoitei certa crítica a estas entidades de que suplian o labor das administracións públicas.

Xa, mais este labor supón un gran rédito político ás administracións. Unha foto informando da financiación dun servizo nos medios de comunicación visibiliza moitisimo.

O que está claro é que o primeiro que vai facer  unha entidade social é dar resposta ás necesidades dos seus usuarios. E unha vez acabado ese obxectivo, o que é ético e moral é reivindicar a prestación pública do mesmo. Mais está situación é moi “golosa” para os técnicos e directivas destas entidades, xa que se forma toda unha estructura organizativa que, dependendo da súa magnitude, se ten que retroalimentar con subvencións, con recursos públicos. Sen embargo, cada hai menos recursos e  a xestión asistencial non se está adaptando á inmersión da pirámide poboacional. Co rápido envellecemento da poboación, atoparémonos unha crise demográfica moi grave. Ante un aumento da demanda, das necesidades, corresponderíalle un incremento dos recursos. Non obstante, desde unha perspectiva de mercado, non interesa ese incremento xa que se reducirían os custos. Vémolo, por exemplo, na ratio de prazas residenciais para maiores en Galicia, que está moi por debaixo do que aconsella a OMS, de aí os seus prezos, toda unha tolemia.

E coma se poden financiar estás prazas residenciais, se a pensión media en Galicia está entre setecentos e oitocentos, e o custo dunha praza é de mil oitocentos euros mensuais?

Pois cos aforros da familia, co piso... unha situación que nun futuro non moi afastado será inviable, derivando nunha maior carga de traballo nas familias, sobre todo nas mulleres.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.11774110794067