Convocada unha nova edición, a XXIV, do premio de poesía Fiz Vergara

SarriaXa
Xa está convocada unha nova edición, a XXIV, do premio de poesía Fiz Vergara da asociación cultural Ergueitas coa colaboración do Concello de Sarria.
premio-Fiz-Vergara
2 Maio 2024

Xa está convocada unha nova edición, a XXIV, do premio de poesía Fiz Vergara da asociación cultural Ergueitas coa colaboración do Concello de Sarria. Así, as persoas interesadas en participar desta nova edición poderán presentar as súas obras poéticas inéditas en lingua galega e cunha extensión mínima de 500 versos ata o vindeiro 24 de xuño, enviándoas ao Concello de Sarria por correo certificado. Este certame, dedicado ao poeta Fiz Vergara Vilariño de Samos, premiará ao gañador ou gañadora cun premio de 6.000 euros e a publicación do poemario pola editorial Espiral Maior. Para iso, deberán esperar ata o vindeiro mes de decembro. O xurado estará formado por persoas de prestixio no mundo da creación ou crítica literaria, pero encabezado polo presidente, que será o concelleiro de Cultura, César No; e pola secretaria, que será a presidenta da asociación, María Casar.

0.087368011474609