Convocadas catro prazas para o emprego de operario de medio ambiente en Sarria

SarriaXa
Desta maneira, as persoas interesadas en optar a este traballo, poderán presentarse ata o día 2 de agosto
rúa-Sarria-comercio
15 Xul 2024

O Concello de Sarria aprobou a convocatoria dunhas oposición para cubrir catro prazas de emprego fixas para o posto de operario de medio ambiente.

Desta maneira, as persoas interesadas en optar a este traballo, poderán presentarse ata o día 2 de agosto para poder encher a solicitude e presentala.

A fase de oposición consistirá nunha proba tipo test, nunha proba de coñecemento do galego, unha exposición dunha hora e unha proba práctica.

Tamén haberá unha parte de concurso na que aqueles que busquen dita praza serán avaliados polos servizos prestados en administración públicas e por cursos de formación realizados.

0.17686891555786